Provided by: apt-src_0.25.5_all 

NOME
apt-src - xestión de árbores de paquetes fonte de debian
SINOPSE
apt-src [opcións] ordes
apt-src [opcións] install|remove paquete1 [paquete2 ...]
apt-src location pkg
DESCRICIÓN
apt-src é unha interface por liña de ordes para descargar, instalar, actualizar e controlar os paquetes
fonte de debian. Pode executarse coma usuario normal ou administrador.
Os paquetes fonte non se instalan nunha única ruta, ao contrario cos paquetes binarios. «Instálanse»
desempaquetando a estrutura de cartafoles nun directorio, que pode estar en calquera ruta. Un mesmo
paquete fonte pode instalarse varias veces, en distintos lugares. Este programa xestiona os paquetes
fonte instalados deste xeito, e prové ferramentas para consultar e atopar onde se instalaron os paquetes
fonte.
Se non se indican as opcións -h ou --help, deberase empregar algunha das opcións abaixo descritas.
update
Actualizar a listaxe de paquetes. Equivalente a apt-get update, e precisa de permisos de
administrador na configuración predeterminada.
install
Instalar o paquete ou paquetes fonte mencionados no directorio actual. Se xa existe, intentará
actualizalo.
Esta orde acepta nomes de paquetes binarios ou fonte. Igual ca apt-get install, pódese engadir
=versión-do-paquete ou /versión-de-debian antes do nome para especificar que versión do paquete fonte
escoller.
Tamén encargarse de cumprir coas dependencias de compilación do paquete fonte.
Se se engade a opción --location o paquete fonte instalarase no lugar indicado, no canto do
directorio actual.
Se se engade a opción --build, compilarase calquera paquete instalado ou actualizado.
upgrade
Actualiza todos os paquetes fonte instalados, ou, se se empregar as opción --location ou --here, só
actualizar os paquetes do directorio indicado.
Se se engade a opción --patch (por omisión), apt-src intentará xerar un parche cos cambios locais, e
aplicará estes cambios ao código actualizado. Isto permite preservar os cambios locais tras
actualizar os paquetes, inda que nalgúns casos pode que se precise xuntar os cambios a man.
Se se engade a opción --build, compilarase calquera paquete instalado ou actualizado.
remove
Elimina o paquete ou paquetes fonte indicados. Pódense empregar as opcións --location e --here para
só eliminar os paquetes do directorio especificado.
build
Compila as fontes indicadas. Instalará o paquete axeitado se non se fixo xa.
clean
Limpa os directorios do paquete ou paquetes indicados. Pódense engadir as opcións --location e --here
para só limpar os paquetes dun directorio específico.
import
Esta opción permite indicarlle a apt-src a existencia dunha fonte sen empaquetar. Ademais do nome
baixo o que importala, deberase engadir a ruta do código (con --location), e pode precisarse indicar
a versión da fonte (con --version). A orde build pode que non funcione se a fonte non contén un
directorio debian/.
list
Sen máis parámetros, amosa unha listaxe dos paquetes fonte instalados, o seu estado e onde se
instalaron. Se se engade o nome dun paquete, só amosará as instancias instaladas dese paquete. Se se
engaden as opcións --location ou --here, só amosarán os paquetes no directorio indicado.
location
Toma coma único parámetro o nome dun paquete fonte. Se se instalou o paquete, devolverá a ruta na que
se atopa.
Esta orde pode ser útil ao incluír ficheiros doutro paquete fonte. Por exemplo:
-I`apt-src location paquete`
version
Toma como único parámetro o nome dun paquete fonte. Se se instalou o paquete devolverá a versión que
está instalada.
name
Toma como único parámetro o nome (acepta tamén expresións regulares) dun paquete fonte. Devolve o
nome do paquete fonte instalado coincidente, se existe.
OPCIÓNS
Todas as opcións poden engadirse ao ficheiro de configuración. As descricións indican as opcións a
engadir. Para opcións booleanas pódense sobrescribir no ficheiro predeterminado empregando a sintaxe -f,
--no-f, -f=no ou variacións.
-h, --help
Amosa o texto de axuda.
-b, --build, --compile
Compila os paquetes fonte tras instalalos ou actualizalos. Configúrase mediante: APT::Src::Compile.
-i, --installdebs
Instala os paquetes tras compilar as fontes. Implica --build. Configúrase mediante:
APT::Src::InstallDebs.
Teña en mente que instalaranse todos os paquetes binarios xerados a partir do paquete fonte.
-p, --patch
Intentar parchear os cambios locais no novo código tras actualizar. Activado por omisión, use --no-p
para desactivalo. Configúrase mediante: APT::Src::Patch.
-l, --location
Especifica o directorio no que operar. Configúrase mediante: APT::Src::Location.
-c, --cwd, --here
Só operar en paquetes no directorio actual Configúrase mediante: APT::Src::Here.
--upstream-version
Só funciona coa orde version. Omite a parte de debian do número de versión na saída.
-k, --keep-built
Non borrar os .deb e os resultados da compilación tras instalalos coa opción --installdebs.
Configúrase mediante: APT::Src::KeepBuilt.
-n, --no-delete-source
Non borrar o código fonte tras eliminar o paquete fonte. Configúrase mediante:
APT::Src::NoDeleteSource.
--version
Especifica a versión da fonte. Úsase coa orde import.
-q, --quiet
Manda toda a saída por pantalla a /dev/null, excepto se ocorreu algún fallo. Configúrase mediante:
APT::Src::Quiet.
-t, --trace
Amosa cada orde segundo se executar. Configúrase mediante: APT::Src::Trace.
Ademais das opcións anteriores, hai algunhas opcións menos usadas que só se poden configurar en
ficheiros, /etc/apt/apt.conf e ~/.apt-src/config. Son:
APT::Src::BuildCommand
A orde a usar para compilar o paquete. Execútase no directorio raíz, por omisión é "dpkg-buildpackage
-b -us -uc", con "-rfakeroot" se o usuario non é administrador.
APT::Src::RootCommand
Que orde empregar se un usuario normal precisa de permisos elevados. Isto úsase, por exemplo, para
satisfacer as dependencias de compilación. sudo(8), o valor por omisión, é unha boa opción. Para
cambiar a su(1), hai que mudar esta opción a "su -c".
APT::Src::BuildDeps
Controla se apt-src controla que todas as dependencias de compilación estean presentes ao instalar ou
actualizar. Verdadeiro por omisión. Se se desactiva pode que algúns paquetes non compilen por falta
de dependencias.
AVISO SOBRE OS NOMES
Pódense usar indistintamente os nomes de paquetes binarios ou de paquetes fonte ao instalar novos
paquetes fonte.
No resto de casos, ao tratar de paquetes instalados, hai que empregar os nomes dos paquetes fonte (isto
pode mudar no futuro). Porén, tamén se poden usar expresións regulares para os nomes.
AMBIENTE
Este programa escribe APT_SRC_BUILD durante a compilación.
EXEMPLOS
Para instalar a fonte de mutt(1) en /usr/src, compilalo e instalar os paquetes resultantes:
apt-src install --location=/usr/src -i mutt
Para controlar os cambios a este mutt(1) fonte instalado, e instalar o compilado cando salga unha nova
versión:
apt-src install -i mutt
Para instalar unha copia local do paquete foo, ao que se lle aplicará un parche local:
apt-src install foo
cd foo-version
patch <~/meu-parche-de-foo
apt-src build --installdebs foo
Para actualizar a copia local de foo, parcheala, compilar e instalar o resultado:
apt-src install -i foo
Para importar o código en /usr/src/linux, obtido dun arquivo de www.kernel.org (ou do paquete kernel-
source), para que apt-src o coñeza:
apt-src import kernel --location=/usr/src/linux --version=2.4.18
No caso de ter un módulo do núcleo que precisa saber se se está a empregar apt-src, e nese caso darlle os
valores axeitados a KVERS, KSRC e KDREV para make-kpkg(1), engadir o seguinte a debian/rules:
ifdef APT_SRC_BUILD
KDREV=$(shell apt-src version kernel\(-source.\*\)\?)
KSRC=$(shell apt-src location kernel\(-source.\*\)\?)
KVERS=$(shell apt-src name kernel\(-source.\*\)\? | sed s/kernel-source-//)
endif
FICHEIROS
/etc/apt/sources.list
Dende onde obter os paquetes
~/.apt-src/status
Ficheiro de estado de apt-src, listaxe de paquetes instalados.
/etc/apt/apt.conf
Ficheiro de configuración global de apt-src (and apt(8)).
~/.apt-src/config
Ficheiro de configuración local do usuario de apt-src.
VÉXASE TAMÉN
apt-get(8), sources.list(5), dpkg-source(1)
AUTOR
Creado por Joey Hess <joeyh@debian.org>, 2002
Este programa é libre. Para saber as condicións de redistribución, consulte a Licenza Pública Xeral de
GNU, versión 2 ou posterior. Esta obra publícase sen ningún tipo de garantía.
perl v5.40.1 2025-03-29 APT-SRC.GL(1p)